• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

A electrificación do transporte pode cambiar o noso fúturo

Estas ameazas tamén poden ser oportunidades para que as petroleiras e as compañías de automoción adopten novos modelos comerciais no transporte eléctrico, a subministración eléctrica e os servizos de xestión da flexibilidade enerxética. No futuro, non nos abasteceremos de combustible nas estacións de servizo senón nas estacións de carga, e con maior frecuencia, na comodidade dos nosos fogares e lugares de traballo sen necesidade de conducir ata unha estación de servizo.

Aplicacións empresariais dos drons

Os drons son un mercado en plena evolución e con gran futuro por diante, que aumentará á vez que se combine con outras tecnoloxías como as citadas anteriormente e ás que habería que incluír o potencial que engadirá a chegada da rede 5G, máis rápida e con máis ancho de banda que a 4G para transportar máis datos e obter información en tempo real. Os datos xa mostran un crecemento exponencial dos drons.

Intelixencia artificial nos eventos e actividades culturais

A intelixencia artificial contida nos asistentes conversacionais, que poden deseñarse dende a nube sen coñecementos específicos de programación, constitúen un dos principais desenvolvementos no que os robots (neste caso, sen forma humanoide, só coa súa voz) intégranse no normal desenvolvemento dunha actividade. Neste mesmo senso, existen grandes posibilidades para a aplicación noutros casos, a disposición das capacidades creativas das persoas.

Etiquetas

Marta Lois asiste ao peche do proxecto de aprendizaxe e servizo realizado en colaboración coa Facultade de Ciencias Económicas

A través deste proxecto, seis grupos de alumnas e alumnos da materia de Desenvolvemento Rexional e Desenvolvemento Local de terceiro curso do Grao en Economía, que imparten Manuel González e Carmela Sánchez, realizaron unha análise socieconómica dos barrios e parroquias de Conxo, Sar, Lavacolla, Laraño, Pontepedriña e Fontiñas.

O Eixo Atlántico recolle nun informe as necesidades para a modernización ferroviaria de Galicia e cifra o custo en tres mil millóns de euros en dez anos

O texto, elaborado por Miguel Rodríguez Bugarín, recolle once actuacións que a entidade considera fundamentais e cuxo custo acadaría os tres mil millóns de euros en 10 anos. O 50% podería correr a cargo de fondos europeos, polo que restarían 1500 millóns que, repartidos no período indicado, suporía un investimento de 150 millóns por ano, "cifra asumible", segundo indicou a vicepresidenta do Eixo, Lara Méndez.