• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

Webinar gratuito mundo post confinamento

Javier Rocamora é especialista en marketing e estratexia online, comercio electrónico, redes sociais, planificación de campañas e formación de equipos de venda.
Digámolo nunha frase corta: o mundo cambiou. Todos os medios de comunicación xeneralistas ou especializados, estánnos a advertir de que as cousas poderán tardar moito, incluso anos en volver a ser coma antes.
De feito, non volverán a ser coma antes ata que haxa unha vacina contra o covid-19 e esa vacina chegue a unha porcentaxe importante da poboación, no mellor dos casos poderá chegar no 2021.

Programa Eduemprende

As axudas concédense en réxime de concorrencia competitiva e teñen por obxecto convocar o concurso Eduemprende Idea 2020, co fin de potenciar a realización de proxectos empresariais polo alumnado das ensinanzas de formación profesional, deportivas ou de artes plásticas e deseño da Comunidade Autónoma de Galicia sostidas con fondos públicos.

Ampliación do prazo de presentación de solicitudes, de execución dos proxectos e de presentación da solicitude de cobramento das axudas para a execución de accións de promoción exterior conxunta das empresa

Amplíase ata o 17 de xullo de 2020 o prazo de presentación de solicitudes previsto no punto terceiro da Resolución do 9 de xaneiro de 2020 pola que se dá publicidade ao acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras das axudas para a execución de accións de promoción exterior conxunta das empresas galegas (Galicia Exporta Organismos Intermedios), cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia competitiva.

ORDE do 30 de outubro de 2020 pola que se establecen determinadas medidas de prevención como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada do COVID-19 nos concellos de Santiago de Compostela, Ames e Teo.

As medidas contidas nesta orde son complementarias das previstas, en relación con estes concellos, no Decreto 178/2020, do 30 de outubro, do presidente da Xunta de Galicia, polo que se adoptan medidas en determinados ámbitos territoriais da Comunidade Autónoma de Galicia para facer fronte á crise sanitaria, na condición de autoridade competente delegada no marco do estado de alarma declarado polo Real decreto 926/2020, do 25 de outubro, polo que se declara o estado de alarma para conter a propagación de infeccións causadas polo SARS-CoV-2, durante o período a que se estendan as ditas

Extracto da R. do 23 marzo 2021 convocan para 2021 axudas selectivas para a produción de longametraxes sobre proxectos

BOE Nº 75 do 29/03/2021

Beneficiarios :
Empresas produtoras independentes. Cando se trate de proxectos
realizados por varias empresas produtoras, estas constituirán a agrupación a que
se refire o artigo 11.3 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, Xeneral de Subvencións.