• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

17,5 millóns de euros para investimentos no rural

A Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader), ente dependente da Consellería do Medio Rural, vén de convocar as axudas Leader, que contan cun presuposto de 17,5 millóns de euros para os anos 2018 e 2019. A partida total distribúese entre os 24 grupos de desenvolvemento rural (GDR) que funcionan en Galicia, que serán os encargados de valorar e resolver as solicitudes de subvención. Cada GDR comarcal dispón para as axudas entre 640.000 euros -os que contan coa menor cantidade- e 991.000 euros, no mellor dos casos.

Bonificación nas cotas da Seguridade Social para traballadores fixos discontinuos vinculados á actividade turística

As empresas, excluídas as pertencentes ao sector público, dedicadas a actividades encadradas nos sectores do turismo, así como os do comercio e hostalería, sempre que se atopen vinculadas ao devandito sector do turismo, que xeren actividade produtiva nos meses de febreiro, marzo, abril, maio, xuño e que inicien ou manteñan en alta durante os devanditos meses a ocupación dos traballadores con contratos de carácter fixos descontinuo, poderán aplicar unha bonificación nos devanditos meses do 50 por cento das cotas empresariais á Seguridade Social por continxencias comúns, así como polos concep

Prórroga do carácter preferente do traballo a distancia e do dereito de adaptación do horario e redución de xornada

De acordo co previsto no segundo parágrafo da disposición final décima, da Real Decreto-lei 8/2020, do 17 de marzo, prorrógase o establecido nos artigos 5 e 6 da devandita norma. O contido destes artigos manterase vixente durante os dous meses posteriores ao cumprimento da vixencia prevista no parágrafo primeiro da disposición final décima da Real Decreto-lei 8/2020, do 17 de marzo, modificado pola Disposición Final 1.17 da Real Decreto-lei 11/2020, do 31 de marzo. En atención ás circunstancias, caberán prórrogas adicionais por parte do Goberno do establecido no presente precepto.

Axudas para a asistencia a mercados e foros internacionais de contidos audiovisuais

Poderán ser beneficiarias as persoas físicas (autónomas) e xurídicas privadas que estean constituídas como empresa produtora e/ou distribuidora audiovisual e que leven a cabo algunha actividade de creación e produción no campo audiovisual galego ou algunha das actividades descritas na cláusula seguinte que motiven a subvención e cumpran os requisitos referidos no artigo 10.1 da Lei de subvencións de Galicia.

EXTRACTO da Orde do 26 de outubro pola que se aproban as bases reguladoras da concesión de subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, para contribuír a sufragar os custos de alugamento dos establecementos de lecer

Poderán ser beneficiarios destas axudas as persoas físicas e xurídicas que exerzan, a título de arrendatario, a explotación económica dun establecemento de lecer nocturno, que sexan titulares dun contrato de alugamento, e resulten afectados pola paralización desta como consecuencia das medidas adoptadas para a prevención e contención da evolución do brote de COVID-19.

As solicitudes poderán presentarse no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Bases da convocatoria extraordinaria de axudas para a rescate da restauración e hospedaxebdo Concello de Santiago afectados pola crise da COVID 19 anualidade 2020

BOP Nº211 do 10/12/2020

Poderán resultar beneficiarias as persoas físicas ou xurídicas, ou sociedades civís, legalmente constituídas, que cumpran os seguintes requisitos:

Que entre as súas actividades estea incluída algunha das agrupacións ou epígrafes correspondentes á clasificación do imposto de actividades económicas relacionadas no anexo II.

Que a persoa teña a súa sede de actividade no municipio de Santiago de Compostela.

Extracto da R. do 23/12/2020 aproban bases reguladoras das axudas internacionalización dixital das empresas galegas , cofinanciadas polo Feder , réxime concorrencia non competitiva

    

           ( DOG Nº 16 do 26/01/2021 )

 

 

Poderán ser beneficiarias destas axudas as empresas que cumpran os seguintes requisitos:

a) Que cumpran a definición de peme segundo o anexo I do Regulamento nº 651/2014 da Comisión.

b) Que teñan algún centro de traballo radicado na Comunidade Autónoma de Galicia.