• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

Subvencións para promover o autoemprego e a actividade emprendedora na Comunidade Autónoma galega das persoas galegas retornadas e dos seus descendentes

Subvencións para promover o autoemprego e a actividade emprendedora na Comunidade Autónoma galega das persoas galegas retornadas e dos seus descendentes que se establezan como persoas traballadoras autónomas ou por conta propia, ou como socias traballadoras de sociedades mercantís, de sociedades laborais ou cooperativas de traballo asociado.

Para a concesión destas subvencións destinarase un crédito total de 400.000 euros con cargo á aplicación orzamentaria 04.30.312C.470.0.

Programa Eduemprende

As axudas concédense en réxime de concorrencia competitiva e teñen por obxecto convocar o concurso Eduemprende Idea 2020, co fin de potenciar a realización de proxectos empresariais polo alumnado das ensinanzas de formación profesional, deportivas ou de artes plásticas e deseño da Comunidade Autónoma de Galicia sostidas con fondos públicos.

Programa Reacciona

As axudas concédense en réxime de concorrencia competitiva e teñen por obxecto conceder axudas ás pemes destinatarias dos servizos de desenvolvemento estratéxico, profesionalización, innovación e adopción de solucións de dixitalización para a súa realización en empresas galegas, dentro do programa Re-acciona.

Webinar "Selo comercio de confianza"

O Alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, participará na presentación do Webinario informativo.

A secretaria xeral da Cámara, Rosa Mary Cardeso, e o secretario xeral accidental, Fernando Pérez - Soba explicarán aos responsables dos establecementos comerciais este selo "Comercio de Confianza", a súa funcionalidade, requisitos, plazos, custo......

Axudas á instalación de medidas de protección para traballadores e clientes

Apoiarase a adquisición de equipos de protección, a adaptación dos espazos, a realización de obras e a posta á disposición de información para os clientes, e as actuacións poden estar xa realizadas desde a declaración do estado de alarma. 

As axudas para os establecementos de menos de 10 traballadores e menos de 300 m2 cubrirán o 100% do investimento, ata 1200 euros. 

Os apoios para os locais de maiores dimensións acadarán o 80% do gasto realizado, cunha axuda máxima de 3000 euros.

Webinar instrumentos de apoio á innovación de Gain e CDTI

A xornada incluirá a presentación das principais axudas que teñen vixentes actualmente Gain e Xesgalicia, as novidades nas liñas de financiamento de CDTI, así como a presentación do programa NEOTEC de CDTI, que ten como obxectivo o apoio á creación e consolidación de novas empresas de base tecnolóxica en España e ten aberto o prazo de solicitude ata o vindeiro 30 de xuño, e do EIC Accelerator Pilot. Este último instrumento do Consello Europeo de Innovación está dirixido a financiar e apoiar proxectos de innovación con potencial de creación de mercado de novas empresas e pemes.